Tres puntos sen brillo

Manuel García Reigosa
M. G. Reigosa O PERISCOPIO

SANTIAGO

RAMON LEIRO

05 dic 2021 . Actualizado ás 21:29 h.

Hai uns anos, nunha conversación con Fabiano e Cuéllar, os dous futbolistas apuntaban que dicir dun equipo que xoga ben pero non gaña é un síntoma moi preocupante. Ao Compos, na Lomba, sucedeulle o contrario. Sumou tres puntos sen brillo. Os resultados vanlle acompañando, á vez que vai buscando o seu golpe de pedal. Aínda non atopou os desenvolvementos que lle permitan coller velocidade de cruceiro, pero está a tirar proveito dos arreones.

Non era un partido para combinacións virtuosas, nun campo demasiado brando e ante un rival que sabe pechar os espazos. O Compos tivo a virtude de adaptarse ao escenario, apertar os dentes e agardar a súa oportunidade.

A mellor noticia é que Jordan segue dando pasos cara adiante. A peor, os contratempos de Jimmy e Primo. Previsiblemente, avecíñanse minutos para Salgado e Pablo Durán.