O carteiro da zona de Santiago José Manuel Vilar promociona o Camiño Francés

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

O profesional de Correos aconsella a quen peregrinan visitas de interese nos municipios do Pino e Compostela

04 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

José Manuel Vilar, carteiro de Correos, promociona nun vídeo o Camiño Francés a Santiago. Aconsella a quen peregrinan que visiten lugares como a igrexa de santa Eulalia de Arca, a aldea de Lavacolla ou o monumento do monte do Gozo. O vídeo forma parte dunha serie de Correos, que promociona a variedade de servizos que ofrece no xacobeo, como o transporte de equipaxe entre etapas.