Hemeroteca | 1996 | Deces mil gandeiros en Santiago protestan contra a multa láctea

La Voz

SANTIAGO

ÁLVARO BALLESTEROS

Representantes sindicais alertaban da desaparición de explotacións pola supertasa

04 dic 2021 . Actualizado ás 05:10 h.

Hai 25 anos, dez mil gandeiros opúñanse en Santiago a pagar a multa láctea. A mobilización convocada por sindicatos agrarios e cooperativas, na que participaron máis de 250 tractores, transcorreu sen incidente. Durante o seu desenvolvemento coreáronse consignas contra a política agraria da Xunta e do Goberno. Os representantes sindicais indicaban que pagar a multa por ter excedido a cota suporía a desaparición dalgunhas explotacións. Lembraban que máis de 50.000 produtores tiñan ingresos inferiores aos 3.600 euros anuais. Ademais, os oradores esixían á administración solucionar un problema que os gandeiros galegos non crearan.