Empate entre o Santiago Futsal e o Arroyo nun partido xogado de poder a poder

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

O conxunto de Chipi arrisco co ataque de cinco en busca da vitoria, pero o marcador non se moveu

23 oct 2021 . Actualizado ás 21:41 h.

Hai días, como no primeiro partido, nos que o Santiago Futsal sumou tres puntos que deixaron un sabor moi doce porque o Deporcyl Gardo, podía levarse os tres punto. E hai outros días, como sucedeu este sábado fronte ao Unión Arroyo, nos que o equipo queda coa sensación de que mereceu algo máis que conformarse co empate a tres goles. En todo caso, os afeccionado puideron gozar dun partido xogado de poder a poder por ambos os contendentes, vibrante e entretido..

Tras dez minutos de moito equilibrio, en menos de sesenta segundo chegaron dous saltos de tensión, cun gol para cada lado. E no quince Virgi adiantou aos valisoletanos de penalti. Antes do intermedio dispuxo dun dobre penalti que detivo Álex

Tras o descanso o Santiago Futsal parecía facerse co control do partido, en busca do empate. Cando parecía máis preto, Leal fixo o terceiro para os visitantes, no minuto 28. Pouco despois Chipi arriscou co ataque de cinco. E saíulle ben, porque un gol en propia porta e outro de Dani Blanco puxeron as táboas. O choque entrou nunha fase de equilibrio e a falta de dous minutos o Santiago volveu atacar con porteiro dianteiro. Pero o marcador xa non se moveu.

Ficha técnica

 Santiago Futsal 3:vÁlex, Dani Blanco , Buján, Villaseñor e Quintás -cinco inicial-. Boado, Alán, Pedro Castro, Javi López e Adrián Arnejo.

 Unión Arroyo 3: Josué, Diego, Virgi, Jaime e Mario Puertas -cinco inicial. Cárdaba, Dani Caballero, Leal, Sergio, Adri e Cristóbal.

GOLES: 0-1, min 11: Cristóbal. 1-1, min 11: Alán. 1-2, min 15, Virgi, de penalti. 1-3, min 28: Leal. 2-3, min 32: Diego, en propia meta. 3-3, min 34: Dani Blanco .

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Santa Isabel. Partido correspondente á sexta xornada de Liga en Segunda División B. Gardouse un partido de silencio polo falecemento dun familiar do porteiro Brais.