Borja Verea propón a fortaleza de Rocha Forte como atractivo para turistas e composteláns

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

O presidente do PP de Santiago insta a reconstruír e revitalizar os restos arquitectónicos

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente dos populares composteláns, Borja Verea, insta a reconstruír e revitalizar os restos arquitectónicos do castelo de Rocha Forte para «convertelo nun novo referente patrimonial para toda a cidade». Nunha visita na que estivo acompañado por membros da directiva da asociación cultural, o deputado apuntou que a fortaleza está «esquecida» tanto polos veciños de Compostela, como polos turistas que visitan a cidade.

Verea manifestou que «non só a fortaleza, senón toda a contorna natural», ten todas as posibilidades de transformarse nun «complexo arqueolóxico e paisaxístico de primeiro nivel». E apuntou a «riqueza» que iso suporía para a parroquia da Rocha.

Pola súa banda, os membros da asociación destacaron o valor histórico dos restos do castelo, solicitando ao Concello e ao resto de administracións «unha aposta de verdade», despois d Ademais, aseguraron que os terreos expropiados hai anos «aínda non foron pagados polos responsables municipais».