A rede Stelar do Camiño Inglés nace con 30 establecementos

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

Manuel Mirás e Xosé Regueira entregaron as placas

30 jul 2021 . Actualizado ás 01:08 h.

Trinta establecementos turísticos repartidos por dezaseis municipios polos que discorre o Camiño Inglés, entre eles Ordes e Oroso, recibiron as correspondentes placas da marca de calidade Stelar, promovida pola asociación de concellos desta ruta xacobea para premiar a negocios que presten bo servizo

O presidente da entidade, Manuel Mirás, e o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, entregaron as placas identificativas, que nesta fase se reparten entre negocios de restauración e aloxamentos.

Mirás sinalou que a súa entrega supón «un día importante para o Camiño Inglés, que é un diamante en bruto que temos que explotar dando o mellor servizo posible a quen nos visita».

Pola súa banda, Xosé Regueira destacou a importancia da liña de subvencións da Deputación «para mellorar a calidade e a competitividade do sector turístico».