Hemeroteca | Ano 2001 | O BNG non acudirá á cerimonia da Ofrenda ao Apóstolo

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Encarna Otero si ía asistir, en contra da opinión dos edís, como alcaldesa en funcións

20 jul 2021 . Actualizado ás 05:15 h.

Hai hoxe 20 anos os concelleiros do BNG decidíanse a non acudir ao acto de Ofrenda ao Apóstolo na Catedral por segundo ano consecutivo. O motivo foron as críticas vertidas sobre o partido no ano 1999, cando os edís acudiron á Ofrenda que fixo o rei. En palabras recollidas por este xornal de fontes próximas á formación política, ese tipo de cerimonias «como expresión de españolidade e de relixiosidade son contrarias ao BNG». Quen si tería pensado asistir, en contra da decisión dos concelleiros, sería o seu tenente de alcalde Encarna Otero como rexedora en funcións, dado que Xosé Sánchez Bugallo actuaría como oferente por delegación do rei.