Hemeroteca | 1996 | As capitais europeas da cultura do 2000 deseñan en Santiago a súa programación

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Representantes das cidades estiveron durante varias xornadas en Compostela

11 may 2021 . Actualizado ás 05:10 h.

Santiago acollía hai 25 anos un encontro con representantes do resto de capitais europeas da cultura do ano 2000 para deseñar a programación. Acudiron delegacións de Aviñón, Bergen, Bolonia, Bruxelas, Cracovia, Helsinqui, Praga e Reikiavik, que pactaron nove temas xerais para un programa conxunto. No caso de Santiago, o alcalde, Xerardo Estévez, expresaba o seu desexo de participar nas principais actividades organizadas polo resto de cidades.

Na reunión en Compostela decidiuse, ademais, que Praga, Cracovia e Santiago encargásense de formular as propostas para o logotipo.