Hemeroteca | Ano 2003 | O aparcadoiro de La Salle comeza a funcionar

La Voz

SANTIAGO

XOAN A Soler

O aparcadoiro paliaba a escaseza de estacionamentos na zona monumental

09 may 2021 . Actualizado ás 05:15 h.

Tras dous anos de obras, o aparcadoiro de La Salle comezou a funcionar hai 18 anos con 476 prazas. O aparcadoiro paliaba así a escaseza de estacionamentos na zona monumental compostelá, pero a estrea estivo marcado porque non se puido facer coa dársena de buses xa construída, o que deixaba no aire a seguridade na rúa Valle-Inclán durante as horas de entrada e saída dos escolares. A primeira semana foi gratuíta para os usuarios, para despois cobrar 0,5 euros a primeira media hora na tarifa diúrna, 0,8 a hora completa e 0,9 a segunda hora. Pola noite era máis barato e o bono mensual era de 75 euros.