Hemeroteca | Ano 1999 | Reclusos, gardas civís e xendarmes europeos coinciden no Camiño

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Internos na prisión de Ocaña realizaban unha peregrinación a Santiago sen escolta policial

06 may 2021 . Actualizado ás 05:15 h.

Sete recluídos do cárcere de Ocaña, en Toledo, chegaron a Melide hai tal día como hoxe 22 anos, nunha peregrinación a Santiago. Os presidiarios percorrían o Camiño sen escolta policial. A única compaña que levaban era a dunha profesora de EGB e o xefe dos servizos médicos da prisión. Varios quilómetros máis atrás, 42 compoñentes de corpos de seguridade europeos percorrían a Ruta Xacobea noutra peregrinación, dacabalo, organizada pola Garda Civil. Con eles viaxaban carabineros italianos, xendarmes franceses e gardas republicanos lusos.