A Xunta elimina un punto de vertedura de augas residuais na Picaraña

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Detectouno nunha inspección rutineira dos seus técnicos e o titular da zona problemática xa lle deu solución

01 mares 2021 . Actualizado ás 05:05 h.

Augas de Galicia acaba de eliminar un punto de vertedura de augas residuais na Picaraña, Padrón, localizado nunha inspección rutineira dos seus técnicos. Segundo a Xunta, o foco debeuse ao efluente dunha fosa séptica para o tratamento das augas residuais asimilables a urbanas nunhas instalacións da zona, co que se informou ao seu titular da obrigación de regularizar a situación, coa tramitación do expediente de autorización ou anulando o punto de vertedura. E resolveuse a través da súa correcta acometida á rede de saneamento.