Hemeroteca | 1991 | O Entroido de Santiago, a expensas da guerra de Iraq

La Voz

SANTIAGO

ALVARO BALLESTEROS

O Concello estaba pendente do desenvolvemento do conflito bélicio e anunciaba o reforzo da seguridade

26 ene 2021 . Actualizado ás 04:55 h.

Se este ano a pandemia sanitaria condiciona o Entroido, fai tres décadas era unha ameaza moi diferente a que puña en risco a súa celebración: a guerra do Golfo. O Concello de Santiago estaba pendente do desenvolvemento do conflito bélico. O goberno local optaba inicialmente por manter a cita salvo que empeorase a situación, iso si, anunciaba que se reforzarían as medidas de seguridade. Noutras cidades españolas, como Madrid e Barcelona, cancelaran o evento, así como en Venecia.

O concelleiro delegado de Cultura, Chicho Losa , aseguraba fai tres décadas que «soamente no caso de que a situación da guerra empeore chegaríase á suspensión do entroido». O Concello tiña previsto repartir máis de 6.700 euros en premios entre as diferentes categorías, caso de carrozas, comparsas e coplas, ademais de parellas e individual.