O 76 % dos inmigrantes formados por Cáritas lograron un emprego

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

A entidade puxo en marcha unha nova edición do programa A Beira, de apoio á inclusión sociolaboral da poboación estranxeira

12 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Cáritas Diocesana de Santiago puxo en marcha unha nova edición do programa A Beira de apoio á inclusión sociolaboral da poboación inmigrante, un recurso que na súa anterior edición saldouse con bos resultados, xa que o 76 % dos participantes lograron un emprego.

Co apoio económico da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, o obxectivo desta iniciativa, que Cáritas desenvolve desde fai tres anos, é «a integración da poboación inmigrante e emigrantes retornados».

Os interesados poden informarse na entidade.