Volve o festival de música barroca, reforzado con emisión por Internet

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Celebrarase do 5 ao 24 de outubro, con cinco xornadas de concertos

01 oct 2020 . Actualizado ás 04:50 h.

O festival musical Ateneo Barroco volve tras o seu exitoso debut do ano pasado. Incluído no Plan Xacobeo 2021, celebrarase ao longo de outubro con cinco xornadas de concertos nas que mostrará desde o barroco francés de Rameau ata a ópera italiana de Monteverdi. A recoñecida musicóloga galega Teresa Adrán encargarase da súa apertura coa conferencia inaugural. A asistencia aos concertos estará limitada, nesta ocasión, polos protocolos de seguridade do covid, co que a capacidade non superará as 60 prazas. Para quen non poidan gozalos en directo retransmitirase en streaming por Youtube e colgarase na páxina do festival. A venda de localidades comeza mañá ás 12 horas no seu sitio web.

Como actividades complementarias, José Víctor Carou, o director técnico e artístico do festival, destaca os encontros de dialogo entre os músicos, que terán lugar sobre o escenario. Tamén, un ciclo cinematográfico de dous filmes, que se proxectarán os días 6 e 7 na sede Afundación. Ambas as iniciativas estarán adaptadas ás esixencias do covid.