Xurxo Neo acariña o título nacional xuvenil A de trial

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Cedida

Abóndalle cun oitavo posto na última proba

30 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Xurxo Neo, mozo piloto de Rois de 13 anos de idade, está a un paso de conquistar o Campionato de España en categoría xuvenil A (de 10 a 14 anos). Das catro probas disputadas ata a data, gañou tres e na outra foi segundo.

Se a situación sanitaria o permite, en novembro disputarase a última carreira do calendario e abondaríalle cun oitavo posto para asegurar o título nacional.

Esta fin de semana gañou a primeira manga en Ripoll, por diante de Marcos Combarro e Miguel Alarcón. Na segunda, cunha pequena variación no trazado, acabou segundo.

No ano 2019 Xurxo Neo proclamouse campión de España na categoría xuvenil B.