Máis espazo para vencer o cancro

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

A Aecc apoia a pacientes e familias no seu novo local da avenida de Barcelona

01 oct 2020 . Actualizado ás 01:03 h.

O apoio da Asociación Española contra o Cancro (Aecc) e o seu persoal a pacientes e familias para axudarlles a vencer esta enfermidade destacouse na inauguración dos novos locais da entidade, na avenida de Barcelona. Agora dispoñen de 160 metros cadrados onde ofrecen atención psicolóxica para menores e adultos, logopedia ou préstamo de perrucas. Francisco Pais, presidente da xunta local, recibiu o apoio do alcalde, conselleiro de Sanidade, especialistas do CHUS e outras personalidades. Foto Sandra Alonso