Os sancionados polo estado de alarma ascenden xa a 94

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

Correspóndense a un total de 148 identificacións, polo que o 63,5 % dos cidadáns aos que se deu o alto na rúa incumprían presuntamente a lei

02 abr 2020 . Actualizado ás 16:19 h.

Os datos acumulados de propostas de sanción por parte da Policía Local de Santiago por incumprimentos do confinamento obrigatorio decretado polo estado de alarma ascenden xa a 94, catro máis que o pasado sábado, cando o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE), anunciou que o Concello aplicaría man dura no caso dos reincidentes e que os enviaría directamente ao xulgado para que se decretase o seu ingreso en prisión ou nun centro adecuado.

Esas 94 propostas de multa -é a Delegación do Goberno a que en última instancia decide se sanciona ou non- se corresponden a un total de 148 identificacións, polo que o 63,5 % dos cidadáns aos que se deu o alto na rúa incumprían presuntamente a lei. Ademais, tamén se controlou a 2.500 vehículos.