Os comerciantes de Melide despachan patrimonio

La Voz MELIDE / LA VOZ

SANTIAGO

NOGUEROL

Unha nova campaña de Asetem gratificará aos clientes cunha colección de cromos con lugares de interese

18 feb 2020 . Actualizado ás 05:05 h.

A Asociación de Empresarios Terra de Melide- Centro Comercial Aberto (CCA-Asetem) non descansa no seu empeño de dinamizar o comercio de proximidade como un dos principais alicerces que é da economía local, e ideou un nova campaña que arrincará, como reclamo para a clientela, cunha colección de cromos con imaxes antigas de destacados elementos patrimoniais e de lugares significativos do municipio.

O museo etnográfico da comarca cedeu as fotografías que ilustrarán o coleccionable, composto de corenta adhesivos que, ao longo dos próximos meses, os comerciantes irán entregando de forma gratuíta aos seus clientes para gratificar cada compra que realicen. A primeira tirada será de catro cromos con imaxes da antiga igrexa de San Pedro, do cruceiro do Castelo, da praza de , A Herbae do cruzamento de estradas que identifica o centro urbano. Asetem porá a disposición do público o álbum para pegar os autoadhesivos e completar a colección, despois de Semana Santa. O prezo, segundo avanzan desde o centro comercial aberto melidense, non excederá de 1 euro. Finalizada ao entrega, sortearase entre a clientela que complete o álbum un premio que «ben poderá ser unha viaxe para dúas persoas ou un gran vale de compra», indicou a xerente de Asetem, Pilar López.

Ademais do museo comarcal, o Concello melidense e a Unidade Parroquial colaboraron no lanzamento do coleccionable de cromos con fotografías históricas do patrimonio local. É a primeira acción dunha campaña -«Contigo somos, contigo seremos», chámase- que o comercio asociado da localidade impulsa cos obxectivos de », «promover o consumo nos comercios de proximidade, espertar vocacións emprendedoras na poboación local, especialmente na máis nova, e dar a coñecer o patrimonio da vilaexplican desde Centro Comercial Aberto-Asetem. «Melide -engaden desde o colectivo- sempre foi un importante núcleo comercial, segue sendo referente a nivel galego e todo apunta a que o seguirá sendo durante moitos anos».