Carvalho Calero retorna ao IES Rosalía

La Voz

SANTIAGO

Sandra Alonso

Onte abriuse a exposición «Don Ricardo de Fingoi»

28 ene 2020 . Actualizado ás 04:55 h.

A exposición Don Ricardo de Fingoi, en homenaxe a Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas, iniciou a súa itinerancia fóra de Lugo polo instituto Rosalía de Castro, onde tamén exerceu como docente.

A mostra está organizada polo Colectivo Egeria, con patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio Fingoi. Nela reflíctense as pegadas do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas en Lugo, onde permaneceu quince anos (1950-1965), e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.

A mostra formada por trece paneis foi inaugurada polo secretario xeral de Política Lingüística; o director do instituto, Xavier Mouriño; e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Diz. O proxecto tamén inclúe unha web.