O Sonoro Maxín regresa tras un ano de silencio

La Voz

SANTIAGO

cedida

Ofrecerá esta noite un concerto na sala Malatesta

28 ene 2020 . Actualizado ás 04:55 h.

21.00 horas • Salga Malatesta • 10 euros • O grupo ourensán O Sonoro Maxín inicia hoxe a súa xira De navallas e cumbias despois dun ano de silencio. A formación ofrecerá esta noite un concerto na sala Malatesta e mañá estarán en Mos. Trátase dun espectáculo cheo de cumbia, festa e verbena. Estarán acompañados pola formación vasca Gatibu.