As redes mobilízanse polos camelios de Fonseca

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

A concelleira de Medio Ambiente sae ao paso do debate e aclara que non se tallará nada

28 ene 2020 . Actualizado ás 09:59 h.

As actuacións que o Concello valora na zona vella ante o Xacobeo puxeron o foco, entre outros puntos, na praza de Fonseca. A proposta para ese espazo fala da ordenación do arboledo, «despexando os parterres da zona central para recuperar a visión da portada renacentista» do Colexio de Fonseca desde o centro da praza, agora oculta por camelios. Un chío da edila de CA Marta Lois («Bugallo! non son tempos para cortar árvores e memoria en Compostela») acompañado da proposta quentou as redes sociais en contra dunha talla que non será tal, segundo o goberno, que di que de momento o que hai é unha proposta do servizo de Arquitectura para intervir nesa praza e que «non é concluínte».

[[\twitter::

]]

[[\twitter::

]]

A edila de Medio Ambiente sostén que non se tallará nada. E que un hipotético transplante dependería do que digan os técnicos. As redes prodigáronse en chíos de defensa dos camelios, aínda que houbo quen, lembrando a praza sen eles, optaba polo transplante.