Hemeroteca | 2001 | Santiago, primeira cidade en formar parte dunha comarca

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

A corporación aprobaba por unanimidade a medida e uníase a Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra

26 ene 2020 . Actualizado ás 11:26 h.

Santiago aprobaba hai 19 anos por unanimidade en pleno un acordo polo que solicitaba á Xunta a inclusión da capital galega na comarca compostelá, medida adoptada previamente polos concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra. Desta forma íase a converter na primeira cidade en formar parte dunha comarca en Galicia.

Unha vez recibida a petición, desde a Xunta anunciaron que apurarían os trámites para a constitución do Consello Comarcal, o órgano responsable de redactar un plan estratéxico para coordinar o desenvolvemento da área.