Dereito celebra o seu patrón

La Voz

SANTIAGO

SANTI ALVITE

Houbo acto institucional, que incluíu entrega de medallas

25 ene 2020 . Actualizado ás 04:55 h.

Día de festa na Facultade de Dereito coa celebración do seu patrón, San Raimundo de Peñafort. O reitor Antonio López presidiu o acto institucional, que contou coa presenza da decana do centro, Ana Gude, e do director xeral de Xustiza, Juan José Martín. Tamén se entregaron os diplomas ao alumnado que rematou a titulación de Criminoloxía. O maxistrado do Supremo José Luis Seoane impartiu a lección maxistral e houbo insignias para os profesores Julio Jorge Urbina e Miguel Arenas Meza.