O Santiago Futsal pica en Alzira

N. C. LA VOZ / SANTIAGO

SANTIAGO

Sandra Alonso

Adrián Pirata anotou o único tanto dos composteláns

18 ene 2020 . Actualizado ás 21:02 h.

O Santiago Futsal regresou a casa sen puntuar. Caeu na pista do Alzira (3-1) ante un rival directo na loita pola permanencia. Os valencianos adiantáronse con dous goles na primeira parte, pero antes do descanso o cinco galego logrou meterse de novo no partido ao recortar a diferenza Adrián Pirata.

Á media hora de xogo marcou o Alzira e a dous minutos para a conclusión do choque o Santiago Futsal intentou acurtar distancias con porteiro-xogador e tras cometer os locais a súa quinta falta. Con todo, os de David Rial xa non tiveron tempo para meterlle o medo no corpo aos levantinos.

FICHA TÉCNICA

(3) Alzira: Álvaro, Molo, José Carlos, Gon Castejón e Rafa Ara (cinco inicial). Tamén xogaron Xavi, Xusi, Pau Bellés, Nacho García, Carreiras e Gabri.

(1) Santiago Futsal: Recio, Dani Blanco , Ismael, Adrián Pirata e Peerapat (cinco inicial). Tamén xogaron Iván Beltrán, Nito, Brian, Jorge Montiel e Alberto.

Goles: 1-0, min 8: Pau Bellés.

2-0, min 11: Nacho García.

2-1, min 18: Adrián Pirata.

3-1, min 30: Rafa Ara.

Árbitro: Cartón amarelo para o xogador local Gon Castejón.

Incidencias: Partido da xornada 17 da Segunda División de fútbol sala disputado no pavillón de deportes de Alzira.