Bendición de mascotas

La Voz

SANTIAGO

Paco Rodríguez

A confraría da Vera Cruz celebrou onte o día do patrón dos animais

18 ene 2020 . Actualizado ás 04:55 h.

Os oficios relixiosos en San Francisco tiveron onte pola tarde invitados especiais. A confraría da Vera Cruz celebrou o día de san Antón Abad, patrón dos animais. Por iso, foron numerosos os fieis que se achegaron acompañados polas súas mascotas ata o campiño de San Francisco para que recibisen a pertinente bendición por parte do sacerdote. Os cans foron maioría, aínda que tamén se deixou ver algún gato neste acto, que estivo seguido por unha eucaristía na propia igrexa de San Francisco.