Hemeroteca | 1997 | Raxoi só prevé cobrar unha de cada dez multas de tráfico

La Voz

SANTIAGO

ALVARO BALLESTEROS

Estimaba acadar esa cifra tras mellorar o servizo de recadación

16 ene 2020 . Actualizado ás 05:10 h.

O Concello de Santiago prevía ingresar hai 23 anos una de cada dez multas que impuña por infraccións de tráfico. Unha cifra que pensaba acadar despois de mellorar o servizo de recadación, xa que durante 1996 a cantidade que entrou nas súas arcas foi menor. En Santiago, segundo os datos que manexaba o Concello, impúñanse unha media de 36.000 sancións cada ano. Restando a porcentaxe que xestionaba e ingresaba a Xefatura de Tráfico, as que tramitaba o Concello supuñan un importe duns tres millóns de euros.