Recepción a estudantes de Noruega

La Voz

SANTIAGO

Sandra Alonso

Participan nun intercambio en institutos de Santiago e Ames

14 ene 2020 . Actualizado ás 04:50 h.

A concelleira de Educación, Noa Díaz, exerceu de anfitrioa en Raxoi cun grupo de escolares noruegueses que están realizando as súas prácticas en centros de Santiago e Ames. Os alumnos pertencen a dous institutos do país nórdico e o intercambio ten por obxecto favorecer a aprendizaxe do español. Á recepción tamén asistiron as edilas María Antón e Navia Rivas.