Cultura pide máis solidez técnica ao estudo sobre o Camiño pola ría de Muros-Noia

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

cedida

Ames e Brión forman parte do grupo de concellos que traballa pola oficialización da ruta

12 ene 2020 . Actualizado ás 20:41 h.

A Consellería de Cultura reclamou aos concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago que acheguen máis solidez técnica á proposta para a oficialización do Camiño de Santiago pola ría de Muros-Noia.

Representantes dos concellos inmersos neste proxecto reuníronse esta semana co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e con distintos cargos vinculados a Patrimonio e ao Xacobeo para analizar a proposta.

Tra a reunión, a rexedora de Lousame, Teresa Villaverde, confirmou o encargo traslado pola Xunta, aínda que defendeu o rigor da documentación presentada, «porque son moitos anos traballando, primeiro individualmente cada concello e despois en conxunto, e porque o traballo entregado sobre a historicidade do Camiño encargouse a unha empresa que ten experiencia na oficialización doutros camiños», argumentó.

Entre os acordos pendentes por parte dos concellos implicados está que Santiago aprobe os estatutos da asociación, xa ratificados polos demais municipios.