Manteñen a alerta ante o risco de inundacións pola crecida do Tambre e do Ulla

Emilio Forján NEGREIRA / LA VOZ

SANTIAGO

PROTECCION CIVIL DE SANTA COMBA

En Negreira, Santa Comba e Val do Dubra, os equipos de Protección Civil traballaron arreo para retirar as árbores caídas en viarias e eliminar bolsas de auga

21 dic 2019 . Actualizado ás 20:20 h.

Durante a xornada de hoxe produciuse unha baixada xeneralizada dos caudais pico nas concas fluviais do Ulla e o Tambre, segundo o sistema Artemis de previsión de avenidas, tal e como informou Augas deGalicia, á vez que sinalaba que a previsión é que se volvesen incrementar desde a tarde ata última hora de mañá, polo que se mantén activada a situación 1 do Plan Especial de Protección Civil ante ou risco de inundacións (Inungal).

A crecida do Tambre mantense en lugares como Portomouro, a praia fluvial de Tapia ou a zona da Ponte Maceira, aínda que en menor nivel que o xoves e o venres, aínda que continúa habendo risco de desbordamentos coa consecuente preocupación dos veciños da Ponte Vella, en Ames , que no caso da familia Berdullas, os únicos que viven nas casas alagadas a madrugada do venres, regresaron ao fogar e, a estrada DP-0201 que une A Ponte Maceira con Tapia, áchase aberta ao tráfico.

A zona da Ponte Maceira foi hoxe un ir e vir de curiosos para inmortalizar cos seus móbiles, en fotos e vídeos, a espectacular crecida. En Negreira , Santa Comba e Val do Dubra, os equipos de Protección Civil traballaron arreo para retirar as árbores caídas en pistas locais e viarias autonómicos como a AC-400 e eliminar bolsas de auga nos viarios.

O vento acadou os 98 quilómetros por hora na estación de Fontecada. E o río Barcala, ao seu paso pola capital, que se desbordou na noite do xoves na ponte dos Castros, sufriu unha baixada do seu caudal, pero mantense o risco de desbordamento.