A Universidade quere homologar a súa pista de atletismo para probas oficiais

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Está a falar con varias Administracións públicas para acometer a reforma

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Universidade quere recuperar a homologación das súas pistas de atletismo para poder acoller probas oficiais cos correspondentes recoñecementos de marcas. A homologación, que depende do Comité de Xuíces da Federación Española de Atletismo, require a renovación desa instalación. A USC está a traballar conxuntamente coa Deputación coruñesa, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e co Concello para afrontar a reforma canto antes.

Esa adaptación precisa que se frese a superficie da pista e proxectar unha superficie sintética, así como a drenaxe do céspede e a mellora da rega e da gaiola do martelo. Tamén se pretende incorporar as últimas tecnoloxías no rexistro de tempos e marcas.