Hemeroteca | 1994 | Deciden trasladar a Boisaca os restos de Aurelio Aguirre

La Voz

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

O poeta García Bodaño propuxo un enterro acorde coa actitude vital do literato nado na Rúa do Vilar

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:10 h.

Os restos do poeta compostelán Aurelio Aguirre, que faleceu con tan só 25 anos na praia de San Amaro, levantáronse do cemiterio de San Domingos para depositarse no arquivo do palacio de Raxoi. Alí agardaron ata que hai 25 anos nun día como hoxe se tomou a decisión de trasladar os seus restos ao camposanto de Boisaca, nun acto que tardaría aínda meses en celebrarse.

O poeta Salvador García Bodaño propuxo un enterro acorde coa actitude vital do literato nado na Rúa do Vilar, nun rectángulo de céspede verde, cunha pedra de granito nun extremo para sentarse, e un álamo no outro.