Promoven unha senda polo río Xallas entre Santa Comba e Mazaricos

La Voz SANTA COMBA / LA VOZ

SANTIAGO

Alvaro Ballesteros

Queren realizar canto antes un primeiro tramo entre o lugar de nacemento do Xallas, en Bazar, ata a fervenza de Castriz

27 novs 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

Os alcaldes de Santa Comba e Mazaricos presentaron ao vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o proxecto da senda do Xallas, que pretende buscar apoios para facer «transitable» un traxecto de 64 quilómetros desde o seu nacemento ata a súa desembocadura, dinamizando os territorios rurais que baña o Xallas. Ante a boa acollida do proxecto, os rexedores confían en sumar máis apoios doutros concellos para abarcar a totalidade do histórico río, o único de Europa que desemboca no mar nunha fervenza.

Santa Comba, que tomou a iniciativa deste proxecto, quere realizar canto antes un primeiro tramo entre o lugar de nacemento do Xallas, en Bazar, ata a moi visitada fervenza de Castriz.