O San Francisco de Teo acode ao Campionato de España

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Cedida

Oito dos seus deportistas forman parte do combinado galego

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club San Francisco de Teo achegará un continxente de oito deportistas ao combinado galego que participará esta fin de semana en Talavera de la Reina no Campionato de España nas categorías cadete, júnior e sub 21.

Integran a representación da entidade Eva Rodríguez Loredo (cadete -47 quilos), Simón Cancelo Sánchez (cadete -52), Diego Torres Formoso (cadete -57), Enrique Míguez Ferrer (júnior -55), Iago Teo Martínez (júnior -61), Anxo Cepeda Mendoza (júnior -76), Alejandro Caramazana López (júnior +76) e Xavier Santos Veiga (Sub-21 -67).

Ademais, Ruth Lorenzo acudirá como membro do equipo técnico da federación e Diego González como árbitro.