O Consello da Cultura aborda a economía circular

La Voz

SANTIAGO

20 novs 2019 . Actualizado ás 04:55 h.

Desde as 9.45 horas • Consello da Cultura Galega • «Camiñando cara a unha economía circular en Galicia» é o título da xornada que organiza hoxe o Consello da Cultura Galega coa intención de expor proxectos e modelos de empresas e iniciativas sociais que poñen en práctica unha nova forma de entender a economía: a da reciclaxe. Tanto as conferencias como as mesas redondas poderán seguirse tamén por Internet.