O Conxo Santiago presenta en San Lázaro ás súas 340 promesas

LA VOZ SANTIAGO

SANTIAGO

Paco Rodríguez

O club conta con 21 equipos, desde os xuvenís da División de Honra ata os máis pequenos da categoría biberón

19 novs 2019 . Actualizado ás 12:07 h.

O Conxo Santiago realizou a foto de familia de cada tempada. Fíxoo nas bancadas do estadio de San Lázaro, no mesmo lugar no que a inchada da capital galega aplaudiu poucas horas antes o hat trick de Primo co Compostela. O Conxo Santiago presentou aos seus socios e afeccionados os 21 equipos que están integrados no club, desde os xuvenís da División de Honra ata os máis pequenos da categoría biberón (nenos e nenas de 4 e 5 anos). En total, unha das canteiras máis ilustres da capital galega colocou ante as cámaras aos 340 novas promesas que forman esta gran familia do fútbol compostelán, á que se sumou o pasado curso como patrocinador a asina Abril.