Xa se pode patinar en Área Central

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A instalación anticípase coa súa apertura ás que se situarán noutros puntos da cidade

17 novs 2019 . Actualizado ás 04:55 h.

A pista de patinaxe sobre xeo de Área Central xa é un clásico dos invernos composteláns. A instalación adiantouse a outros recintos similares na cidade e abriu onte as súas portas cun amplo equipamento que rodea a fonte de praza Europa. O horario de apertura para que o público goce cos patíns será de luns a xoves, de 17 a 21 horas; os venres, de 16 a 22 horas; e a fin de semana, de 11 a 22 horas.