A Deputación levará a medio milleiro de nenos a practicar esquí

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

13 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Medio milleiro de nenos de concellos da provincia participarán nas viaxes que a Deputación da Coruña organizará entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro á estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Na primeira quenda, que terá lugar do 24 ao 27 de xaneiro, viaxarán escolares de Brión, Dodro e Padrón. Na segunda, que será do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro, visitarán a estación ourensá nenos de Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Frades, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Na terceira etapa, programada do 7 ao 10 de febreiro próximo, irán escolares de Santa Comba. E na quinta, do 21 ao 24 de febreiro, desprazaranse ata a estación invernal nenos de Santiso, Melide e Toques.

O prazo de inscrición para participar nesta campaña da Deputación permanecerá aberto ata o 4 de decembro nos concellos da provincia.