Viravolta e Compostela sacan boas notas no Campionato de Galicia

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Cedida

O equipo benxamín do Viravolta participará nunha xornada de tecnificación con Neli Pishchelina

10 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Campionato de Galicia de Ximnasia Rítmica, disputado en Ourense, deixou boas cualificacións para o Viravolta e o Compostela.

Os equipos benxamín e infantil do Viravolta proclamáronse campións. O xuvenil tamén foi segundo e o prebenjamín terceiro. Os catro estarán no Campionato Nacional de Conxuntos de Base que se celebrará en Pamplona do 7 ao 10 de novembro. Tamén visaron o pasaporte o alevín, quinto, e o cadete, sétimo, mentres que no cadro individual clasificouse Alba Varela, cuarta.

O Compostela presentou tres equipos. O prebenjamín e o alevín foron segundos, e o cadete terceiro. No cadro individual clasificáronse a cadete Amelia Picallos (segunda) e as sénior Valeria Torreira (segunda) e María Rodríguez (quinta).

Por outra banda, o equipo benxamín do Viravolta (María Gómez, Alba Paz, Paula Tarrío, Carmen Salvado e Sofía Blanco ) foi convocado pola Federación Galega para unha xornada de tecnificación dirixida por Neli Pishchelina, exseleccionadora de Bulgaria.