Investigan a un veciño de Brión por un delito de abandono de tres cans

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O proceso xurdiu por mor de que a Policía Local de Ames localizase tres cans de raza American Stanford polo risco que corría a súa vida

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Patrulla de Protección da Natureza da Garda Civil de Santiago investigou a un veciño de Brión como presunto autor dun delito de abandono animal. O proceso xurdiu por mor de que a Policía Local de Ames localizase tres cans de raza American Stanford polo risco que corría a súa vida e integridade física.

O presunto autor do delito de abandono animal non residía en ningunha das direccións que figuraban nos rexistros consultados pola Garda civil, pero finalmente foi localizado e posto a disposición xudicial en Santiago.