Hemeroteca | 2004 | Os concellos dan luz verde ao transporte metropolitano

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Os alcaldes aceptaron o plan proposto pola Xunta de Galicia e o servizo ía comezar a funcionar o 1 de xaneiro do 2005

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:10 h.

Os concellos da área compostelá -Teo, Ames, Val do Dubra, Boqueixón e Vedra- daban o visto e prace á posta en marcha do transporte metropolitano. Os alcaldes destes concellos aceptaron asumir o plan exposto pola Dirección Xeral de Transportes, do mesmo xeito que fixeran con anterioridade tanto o rexedor compostelán como representantes das empresas concesionarias. Desta forma, os residentes na comarca compostelá ían poder realizar os seus desprazamentos á cidade ao mesmo prezo que o transporte urbano.

Segundo o plan de Transportes, os concellos, as concesionarias e a Xunta repartiríanse a diferenza entre o prezo que entón tiña o billete e o que se ía implantar, 65 céntimos.

A posta en marcha do servizo de transporte metropolitano estaba previsto para o 1 de xaneiro do 2005.