Pequenos arquitectos no Gaiás

La Voz

SANTIAGO

conchi Paz

A exposición «Artellar» está pensada para interactuar e orientada ao público familiar

14 sep 2019 . Actualizado ás 04:55 h.

Un muro, unha pirámide, unha casa, unha cúpula esférica... Os pequenos convértense en arquitectos na nova exposición que abriu onte no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, Artellar. Trátase dunha mostra pensada para interactuar e para tocar, non para observar. Así o fixeron na primeira xornada estudantes de quinto e sexto de Primaria do CEIP Ortigueira de Vedra, que demostraron xa destreza cos elementos posto que algúns dos conceptos hai tempo que os aplican, xa que levan seis anos incluíndo a arquitectura no centro. «A », clave é ter as cousas nas mans. Todo o que é manipulativoasegurou o director do colexio, Luis Martínez.

Artellar estará aberta ata o 10 de novembro e máis de 2.000 nenos de Infantil e Primaria de medio centenar de colexios reservaron praza. Pero, ademais, a mostra busca a participación de pequenos e a familia. «O obxectivo é que xoguen á arquitectura dun xeito lúdico», explicou Fermín Blanco , presidente da Asociación Ludantia, responsable da mostra itinerante. Na iniciativa no Gaiás tamén colabora o Proxecto Tear do Colexio Oficial e Arquitectos de Galicia, un programa que ten por obxectivo levar temas de arquitectura á aula. O seu responsable, Alberto Fortes, explicou que esta vez están financiando o transporte de escolares ao Gaiás. A actividade foi inaugurada polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo.