Andaina Solidaria co Alzheimer

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Medio milleiro de persoas participaron na iniciativa para visibilizar a enfermidade

14 sep 2019 . Actualizado ás 20:43 h.

Medio milleiro de persoas participaron en Santiago na camiñada organizada para visibilizar o alzhéimer, entre elas, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, que destacou que esta enfermidade supón «un gran reto sociosanitario e que, se non tomamos medidas, suporá un problema aínda maior nos próximos anos». O alzhéimer afecta a máis de 700.000 persoas maiores de 40 anos en España e estímase que no 2050 padecerano ao redor de dous millóns.