O CGAC inicia o curso cunha exposición de Villamide e cine

La Voz

SANTIAGO

Santi M. Amil

A moda e a arquitectura serán protagonistas da actividade formativa o próximo ano

09 ago 2019 . Actualizado ás 04:55 h.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) volverá mirar para a creación galega. A obra do artista Christian Villamide (Lugo, 1966) recalará o 27 de setembro nas salas do museo con , In landscape modeo modo paisaxe da fotografía. Trátase de traballos nos que porá o foco «na forza e a violencia coa que sometemos á natureza».

Escultura e instalacións servirán a Villamide para destapar elementos naturais escondidos baixo o efecto do ser humano e reflexionar sobre as novas tendencias completamente artificiais do que se denomina «vivir unha experiencia única na natureza», xa que finalmente se transforma nunha peregrinación de masas en busca da mellor fotografía.

O artista lucense seguirá en Santiago cunha temática que xa aborda no Centro de Arte Contemporánea de Burgos, onde expón desde xuño Perturbacións, que consiste nunha reflexión sobre o desapego emocional e intelectual co espazo natural.

Pola súa banda, a actividade formativa regresará ao CGAC en outubro. A partir do día 2 comezará unha nova edición do curso de cine dirixido polo crítico, docente e programador cinematográfico José Manuel López. Baixo o título de analizaranse unha decena de filmes ata o 11 de decembro. O prazo de inscrición na actividade está aberto ata o 1 de outubro e o prezo da matrícula é de 30 euros. As sesións desenvolveranse todos os mércores de 19.00 a 20.30 horas. «Trataremos de unir o xesto cinematográfico co político, pero sen altofalantes nin consignas», explican desde o CGAC.

Por outra banda, no 2020 haberá novas propostas e a moda chegará ao museo cun curso sobre indumentaria do século XX a cargo de Carolina Munáiz. Posteriormente, tomará a testemuña a arquitectura con Fermín Blanco .