O PP pregunta polas garantías do servizo de comedores

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O grupo opositor afirma que o último contrato se adxudicou sen posibilidade expresa de prórroga

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP hase interesado polas garantías que pode ofrecer a xestión dos comedores escolares que dependen do Concello ante o escenario que se abre para o arranque do próximo curso, co mantemento do servizo cun contrato vencido. Porque a actual concesión, adxudicada no 2017 por dous anos e que venceu con este último curso, realizouse «sen posibilidade expresa de prórroga», nin sequera da prórroga excepcional prevista na Lei de Contratos, din os populares, que a próxima semana preguntarán expresamente no pleno municipal por esta cuestión. En virtude desa lei, o PP dubida de que se poida continuar «co vello contrato e que se faga nas mellores condicións». Por iso é polo que pregunte ao goberno por esas garantías.