O Sigüeiro estreará a Preferente como local ante o Ribadeo

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

MERCE ARES

O Dubra recibirá ao Lemos, o Boimorto viaxará a Viveiro e o Xallas visitará ao Residencia

22 jul 2019 . Actualizado ás 20:41 h.

O Sigüeiro estreará a súa nova categoría o 25 de agosto. Debutará na Preferente Galicia (grupo norte) como local ante o Ribadeo.

O Dubra tamén xogará en casa ante o Lemos. Pola contra, debutarán a domicilio o Boimorto, que viaxará a Viveiro, e o Xallas, que visitará ao Residencia.

Na segunda xornada, que se xogará o 1 de septiembe, o Boimorto estrearase no Carballal ante o recentemente ascendido Fisterra. O primeiro partido en casa do Xallas será contra o Sofán, un duelo de moita rivalidade. Na segunda data, o Dubra visitará ao Atlético Coruña Montañeiros e o Sigüeiro xogará no campo do San Tirso.

Na terceira xornada, que se celebrará o 8 de setembro, atoparémonos cun interesante Dubra-Xallas. Ese mesmo día, o Sigüeiro recibirá ao Laracha e o Boimorto enfrontarase a domicilio ao Galicia Mugardos.