Melide ponse bailongo co seu festival de ritmos latinos

La Voz MELIDE / LA VOZ

SANTIAGO

NOGUEROL

Exhibicións, talleres e concursos reúnen esta fin de semana a corenta profesionais con afeccionados

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

Melide móvese esta fin de semana a ritmo de salsa. De salsa e de todos e cada un dos pegadizos e sensuais ritmos que cruzaron o Atlántico para quedar. A corrente de profesionais e de afeccionados que arrastran púxose onte en movemento na apertura do festival de bailes latinos -Melide SBK Festival- que, por segundo ano consecutivo, organizou a asociación local de mulleres rurais Alecrín.

O venezolano Yeifrén Mata, campión do mundo de salsa, é a estrela dun elenco de corenta profesionais que exercen de instrutores nos talleres de asistencia gratuíta que se imparten en plena rúa para afeccionados ao zouk, kizomba, west coast swim e afro house, ademais de salsa. Hoxe serán pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas. Despois, clausurarase a cita cunha festa social, que, na o xornada inaugural, prolongouse, cos Dj Guez, Javi Azucre e Jaime Silva, ata a madrugada de hoxe. O concurso e as exhibicións de baile de onte encheron a Casa da Cultura. Hoxe serán pola mañá en plena rúa.