Encontro de novos artistas

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

Corenta creadores emerxentes daranse cita na Cidade da Cultura

20 jul 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

Corenta artistas e creadores emerxentes daranse cita na residencia do Gaiás entre os días 25 e 29 de agosto. A Cidade da Cultura deu a coñecer os nomes dos próximos invitados ao IX Encontro de Artistas Novos, entre os que figuran a artista visual Pilar Albarracín, as fotógrafas Lúa e Bandía Ribeira, e Nicolás Combarro.