Bolsas de verán na USC

La Voz

SANTIAGO

Andrea Regueiro

Bolsas para corenta estudantes cos mellores expedientes de España en ciencias

20 jul 2019 . Actualizado ás 05:05 h.

Os corenta estudantes cos mellores expedientes de España nas carreiras de Ciencias da Vida e as científico-técnicas recibiron as súas credenciais como bolseiros do Programa de Bolsas de Verán dos centros de investigación Ciqus, Cimus e Citius, nun acto presidido polo reitor da USC, Antonio López.