Festival de Bandas infantís e xuvenís

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Preto de 600 mozos interpretaron varias pezas e tocaron todos xuntos o Himno Galego

15 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Preto de seiscentos músicos novos de 13 formacións de toda Galicia interpretaron onte varias pezas musicais preparadas para a ocasión por cada agrupación, e pecharon o acto co Himno Galego que foi tocado por todos os músicos ao mesmo tempo. Con este certame quíxose

«fomentar o encontro entre os intérpretes máis novos, establecer vínculos que propicien a colaboración entre as bandas e enriquecer a formación musical das novas xeracións»,

segundo destacou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na súa intervención.