Gradación da promoción de Dereito 2015-2019

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

Os alumnos celebraron o fin da súa carreira no Auditorio de Galicia

14 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O esforzo e a dedicación dos últimos anos deu os seus froitos, e onte, nun acto que tivo como escenario o Auditorio de Galicia, os alumnos da promoción 2015-2019 celebraron ao grande o fin dos seus estudos universitarios na Facultade de Dereito da USC. Co título de Grao en Dereito debaixo do brazo inician agora un novo camiño, que non estará exento de dificultades, pero que saberán superar para cumprir cada un dos retos que se marcaron ao iniciar a súa carreira na Universidade compostelá. Sorte para todos eles.